O Celta venderá entradas estilo aeroliña para o Osasuna: a 10€ se se compran cedo
O Celta venderá entradas estilo aeroliña para o Osasuna: a 10€ se se compran cedo
É un dos plans que adiantou na Radio Galega o novo responsable Social do club, Raúl Rivas
Tamén proxectan entrementos previos aos partidos, como concertos para 100-200 persoas
O novo responsable Social, de Día de Partido e Instalacións do Real Club Celta, Raúl Rivas, pasou pola Zona Mixta da Radio Galega para dar conta das ideas que está preparando o club para tentar recuperar a asistencia de público en Balaídos. Para empezar, sacarán entradas de prezo "dinámico" para o partido do vindeiro mércores co Osasuna.
"O prezo dun partido vai variar en plan aeroliña ou hotel: se compras antes, vas conseguir mellor asento a mellor prezo. Para o Osasuna a entrada máis barata serán 10 euros pero non significa que sexa así ata o último minuto"
Rivas conta tamén que o club quere que os afeccionados asistan ao estadio máis tempo que os 90 minutos dun partido e por iso estudan organizar actividades de entretemento como concertos, de momento serían de pequeno formato, "para 100 ou 200 persoas".