Cargando resultados...
O Celta volve a Sestao, onde ascendeu a Primeira en 1987
O Celta volve a Sestao, onde ascendeu a Primeira en 1987
Os de Benítez precisan unha clasificación copeira para evitar que a crise se multiplique
G24.gal
07/12/2023 12:52
Última actualización 07/12/2023 12:57
O Celta volve a Sestao, estadio As Llanas. Alí onde hai 36 anos viviu un momento de máxima felicidade: o ascenso clásico dos oitenta.
Foi un empate sen goles, un exercicio de supervivencia para o equipo no que militaban Maté, Atilano, Maraver, Lucas ou Vicente.
O estadio foi remodelado, pero continúa na zona na que estaba. Alí pon en xogo o Celta esta noite o prestixio e unha clasificación copeira que necesita para evitar que a crise se multiplique.