Publicador de contidos
Publicador de contidos

O centro Ágora da Coruña acolle este sábado un festival de novos talentos artísticos ucraínos

O centro Ágora da Coruña acolle este sábado un festival de novos talentos artísticos ucraínos

G24.gal 26/05/2023 21:53

Unidos pola música e a danza os concursantes ucraínos do festival 'Salva o teu soño' comparten unha sesión de baile urbano co alumnado da escola Danza 10 da Coruña. "É unha experiencia máis participativa, máis informal, máis espontánea onde se puidese ver esa convivencia ou enerxía que se podía crear entre eles", comenta Alesandra Vidal, directora da escola Danza 10.

Novos talentos artísticos que viron interrompidas as súas traxectorias por mor da guerra. Algúns seguen en Ucraína outros viven refuxiados en Polonia ou Alemaña. É o caso de Tamyla quen asegura que "bailar para min é unha oportunidade de transmitir os meus sentimentos a través dos movementos sen palabras e sen dicir nada". Lsenia di que para ela "participar neste festival, neste concurso é moi importante e unha oporunidade moi grande".

Logo de tres meses de competición online chegan a Galicia como finalistas para participar na gran gala dun festival que a guerra obrigou trasladar de Khersón á Coruña. Unha gala organizada pola ONG Acción Solidaria de Galicia, ASDEGAL.

A súa vicepresidenta Tereta Berbel explica que se busca tamén "axudarlles a que poidan saír da situación en que se atopan tanto como refuxiados como nenos os que lles están a caer bombas nas súas cidades. O que tentamos estes días é que desfruten un pouco entre eles, que se coñezan, coñezan unha cultura nova e, sobre todo, vexan unha situación sen guerra".

A final deste concurso benéfico coa infancia de Ucraína, para o que aínda quedan entradas, será este sábado no centro Ágora da Coruña.     

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade