Certificado da covid: obrigatorio en centros sociosanitarios e ximnasios
Certificado da covid: obrigatorio en centros sociosanitarios e ximnasios
Tamén hai que presentalo nos eventos de máis de 200 persoas
Desde este sábado quen queira visitar un achegado nunha residencia de maiores ou nunha residencia para persoas con discapacidade ten que demostrar, co seu certificado, que ten a pauta completa da vacina.
"Vén reforzar un pouquiño outras medidas que xa tiñamos implantadas como o control de visitas, o nivel de ocupación, o uso das máscaras nas instalacións".
Agora en Galicia hai máis de 60 usuarios en residencias de maiores ou de persoas con discapacidade infectadas co virus, polo que a medida está a ser en xeral ben acollida.
"A xente está respondendo moi ben. Xa o saben desde un principio, xa estaban avisados. Sen problema ningún".
De non estaren vacinados, os visitantes teñen que levar unha proba negativa, de menos de 72 horas antes se é unha PCR e de menos de 48 se é un test de antíxenos. Tamén se admite a entrada dos que certifiquen que superaron a enfermidade nos últimos seis meses.
O mesmo ocorre para acceder aos ximnasios, onde se pide tamén desde este sábado o certificado de vacinación.
"Si, nós para que sexa máis cómodo temos unha aplicación onde os usuarios poden colgar o seu código QR co certificado covid e non temos que pedirllo cada vez que entran ao ximnasio".
Ademais de en residencias e ximnasios, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avalou a petición do certificado de vacinación en eventos de máis de 200 persoas.