Publicador de contidos
Publicador de contidos

O CHUS é pioneiro nun programa para previr a cardiotoxicidade da quimioterapia

O CHUS é pioneiro nun programa para previr a cardiotoxicidade da quimioterapia

Unha fisioterapeuta supervisa os exercicios, presencialmente ou a distancia, durante tres meses

Asistentes ao programa na sala de rehabitación cardiooncolóxica do CHUS
G24.gal 12/07/2023 21:15 Última actualización 12/07/2023 21:34

O programa asistencial de rehabilitación cardiooncolóxica naceu en 2018 no Hospital Clínico de Santiago dun proxecto chamado Oncore que estudou un dos efectos negativos dos tratamentos de quimioterapia: a cardiotoxicidade, unha alteración da función do corazón a consecuencia dun tratamento oncolóxico.

A cardióloga Mila Pedreira asegura que se o detectas de maneira precoz, pódense tratar os dous problemas á vez, sen ter que interromper o tratamento.

No estudo participaron 122 pacientes pero tras os resultados positivos, decidiuse implementalo de forma asistencial a finais de 2020 nun programa de exercicio físico supervisado, presencial ou a distancia, do que se levan beneficiado ata hoxe 165 pacientes con risco de cardiotoxicidade

A cargo do programa está Estíbaliz Díaz, fisioterapeuta e educadora físico-deportiva, que imparte clases a grupos de ata 7 pacientes, con exercicios de respiración e mobilidade, de forza muscular e combinados con outra parte aeróbica.

A oncóloga Vanesa Varela asegura que unha paciente que está activa vai levar moito mellor os tratamentos tanto en cansazo como no resto de toxicidades, a nivel dixestivo ou de baixada de defensas.

Carolina, María, Aida, Isa e Esther coñecéronse nesta sala de rehabilitación, antes ou durante un tratamento que adoita ser agresivo. Todas loan o programa polos seus beneficios físicos e psicolóxicos, individuais e colectivos. 

A cardióloga Mila Pedreira asegura que o exercicio rebaixa os niveis dos factores de riscos como tensión arterial, colesterol e diabetes  e cambia o perfil metabólico do paciente.

Todo o equipo cualifica de extraordinarios os resultados tralos tres meses do programa. Por iso, o desexo de profesionais e pacientes é que se poida estender axiña a todos os centros sanitarios e para todos os tipos de cancro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade