O CHUS incorpora unha técnica de radioterapia que reduce o tempo de tratamento no cancro de próstata
O CHUS incorpora unha técnica de radioterapia que reduce o tempo de tratamento no cancro de próstata
O CHUS incorpora unha técnica de radioterapia que reduce o tempo de tratamento no cancro de próstata
O tratamento que realiza o hospital compostelán é aplicable ao 20 % nos casos
O ano pasado houbo en Galicia uns 2.400 novos casos de cancro de próstata, unha doenza que está a aumentar a súa prevalencia en homes maiores de 70 anos. Esta técnica pode aplicarse aproximadamente ao 20 por cento dos casos que están nun estadio de risco baixo ou intermedio.
"A vantaxe que ten é que nos permite acurtar moitísimo o tempo de tratamento, cando antes se facía en 28 días, podemos facelo en só cinco sesións", asegura Ana María Carballo, médica do Servizo de Oncoloxía Radioterápica do CHUS.
A técnica esixe, iso si, unha preparación previa do paciente, que debe entrar no quirófano con sedación, Alí, colócanselle uns marcadores radiopacos dentro da próstata, cun control ecográfico. Delimítanse todos os órganos de risco e despois pasase a fase de planificación para, posteriormente, aplicar o tratamento.
O de Santiago é agora mesmo o único hospital galego que emprega esta técnica, cunhas taxas de curación similar á doutras ferramentas terapéuticas.
"Podemos dar grandes doses de radiación, con moitísima precisión, protexendo moito o que hai arredor. É unha técnica eficaz, rápida e segura, que achega calidade de vida e mellora os recursos sanitarios", di Ana María Carballo.