Publicador de contidos
Publicador de contidos

O circo composto por artistas ucraínos refuxiados chega a Nigrán

O circo composto por artistas ucraínos refuxiados chega a Nigrán

No proxecto Ihrashka, que significa "xoguete" participan 12 acróbatas ucraínos

A compañía de Oia La Fiesta Escénica uniuse con Circo Inimitable para levar a cabo este proxecto

G24.gal 18/07/2022 14:07

Xa está todo listo para a primeira función hoxe ás 8 e media da tarde do circo ucraíno. A compañía de Oia La Fiesta Escénica uniuse con Circo Inimitable para levar a cabo este proxecto. Contrataron artistas e refuxiados ucraínos que estaban dispersos por distintos países europeos por mor da guerra e ofrecéronlles un traballo.

Abel Martín relata como foi o inicio: "Neste caso é mellor darlles a posibilidade de traballar que dar caridade. Son rapaces moi novos e pensamos que dignificar o traballo que fan, que tecnicamente é moi alto e en Galicia nunca se viu o tipo de acrobacias que fan. Xuntouse moita xente a axudar para poder facer este proxecto, dende a xente do terreo no que se instala a carpa aos do lugar no que viven os acróbatas sumáronse a esta acción solidaria".

Crearon así o circo Ihrashka, que significa "xoguete" e presenta un espectáculo onde reencontrarse coa infancia.

"Pase o que pase, non deberiamos nunca deixar de ser nenos, de poder xogar e divertirnos, que é o obxectivo do circo. Para eles, hai momentos moi difíciles porque a súa familia está alí. Son rapaces moi valiosos", explica Martín.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade