Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Colexio de Enxeñaría da Informática de Galicia alerta ante as ciberameazas no 'Black Friday'

O Colexio de Enxeñaría da Informática de Galicia alerta ante as ciberameazas no 'Black Friday'

As principais ameazas na rede seguen a ser o phishing, ou a súa versión actualizada, o smishing, que chega en forma de SMS e nos leva a unha páxina falsa que pide os nosos datos para roubalos

G24.gal 15/11/2022 22:52

Chegan campañas como o Black Friday con atractivos descontos, sobre todo en compras en liña. E co uso de Internet aumentan as ciberameazas. 

As principais ameazas na rede seguen a ser o phishing, ou a súa versión actualizada, o smishing, que chega en forma de SMS e nos leva a unha páxina falsa que pide os nosos datos para roubalos.

"Se nos chega unha mensaxe e dubidamos que poida ser real, imos á páxina oficial, xa sexa da empresa de transportes, do banco ou do comercio electrócnico, logueámonos alí e comprobamos que pasa cos produtos, que pasa co pedido, etc. Pero nunca se debe facer clic nesa ligazón", explica Susana Ladra, vicepresidenta do Colexio Profesional de Enxeñaría da Informática de Galicia.

Ninguén está libre da ciberdelincuencia, pero si se poden tomar precaucións para previr a súa acción. "Podemos facer, por exemplo, unha conta electrónica nova só para pedidos online, e incluso hai quen fai unha exclusiva por cada sitio web onde compra", engade a enxeñeira informática Susana Ladra.

Só no primeiro trimestre deste ano Galicia sufriu máis de 6.500 ciberestafas. Insisten no Colexio Profesional de Enxeñaría da Informática de Galicia: "Hai que ter en conta que se nos chega unha mensaxe un pouco rara ou ofertas demasiado grandes xa sabemos que por aí seguramente hai algún problema".

Convén non baixar a garda para que as nosas compras sexan seguras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade