O comisionado para o Corredor Atlántico culpa os empresarios galegos da falta de proxectos

Foi nunha xornada sobre redes de transporte e loxística que se celebrou este martes no Porriño

G24.gal 07/11/2023 14:52

O transporte ferroviario de mercadorías na zona noroeste segue á espera do plan director. O comisionado do executivo central para o Corredor Atlántico di que non recibiu proxectos por parte do empresariado galego e failles unha chamada de atención.

O Corredor Atlántico permitirá aumentar as mercadorías no noroeste dos sete millóns de toneladas actuais a máis de vinte millóns. Mellorará a produtividade e tamén reducirá os custos, polo que empresarios e transportistas advirten de non deixar pasar esta oportunidade. 

No que respecta ao tráfico ferroviario de pasaxeiros España afirma que ten feitos os deberes e que xa está licitado o estudo informativo da saída sur para unir Vigo e O Porto co AVE. O Goberno portugués agarda que a alta velocidade sexa unha realidade a principios da próxima década. 

A alta velocidade centra o groso dos investimentos do país luso para os próximos anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade