O Compostela consegue unha vitoria milagrosa (1-0)

O filial do Oviedo tivo moitas ocasións, pero non foron quen de acertar

O golazo de Antón de Vicente fixo que o Vero Boquete celebrara unha nova vitoria

G24.gal 10/12/2023 14:12

O Compostela chegaba con múltiples baixas ao partido fronte ao Oviedo Vetusta. Non foi unha boa actuación dos composteláns, que foron superados polo filial do Oviedo. 

Comezaron avisando os locais cun tímido disparo desde a frontal da área, pero foi tan só un aviso. Os visitantes comezaron a chegar, e con perigo. Borja Rey, titular pola sanción de Pato, salvou do gol tras un man a man. Manu Barreiro tamén tivo a súa, pero o disparo foi centrado. Durante o resto da primeira metade, o Oviedo Vetusta seguiu gozando de oportunidades, pero a falta de acerto mantivo aos de Michel no partido. 

A segunda metade seguiu co mesmo guión. Os visitantes levaban o peso do partido e as ocasións. Pero no minuto 77, Antón de Vicente cazou un rexeitamento na frontal da área e co interior do pé dereito mandou o balón a gardar. Un zapatazo desde a frontal na Marco non puido facer nada. Nos derradeiros minutos, os asturianos continuaron chegando á porta compostelá, pero non era o seu día de sorte. Non puideron superar a Borja Rey e o 1-0 foi definitivo.

O Compostela colócase a 1 punto dos postos de promoción de ascenso (6º con 24 puntos) sumando catro vitorias e 5 partidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar