Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Compostela perde en Avilés (2-1) e segue fóra dos postos de promoción

O Compostela perde en Avilés (2-1) e segue fóra dos postos de promoción

Manu Barreiro igualou o tanto inicial de Cerro

Pouco despois, Natalio decidía o partido

G24.gal 17/12/2023 20:10

O Compostela non puido traer nada positivo de Avilés, e despide o ano fóra dos postos de promoción de ascenso. O equipo de Mïchel tivo que reaccionar ao tanto inicial de Cerro. Aos dezanove minutos, recollía un rexeitamento dun remate ao pau e anotaba o primeiro.

Houbo que agardar ata a segunda metade para ver o empate. Chegou no minuto sesenta, cun gran remate de Manu Barreiro.

Pero, a vinte minutos da conclusión, o incombustible Natalio entraba coa cabeza para establecer o dous a un definitivo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar