Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Concello da Illa de Arousa pídelle á Xunta que retire o veto da extracción de mexilla

O Concello da Illa de Arousa pídelle á Xunta que retire o veto da extracción de mexilla

Os bateeiros concentráronse nas rúas da vila contra esta medida

G24.gal 16/12/2021 21:17

O pleno do Concello da Illa de Arousa aprobou esta tarde unha moción pedíndolle á Xunta que retire a orde pola que se vedan algunhas zonas da costa a extracción de mexilla. A iniciativa xurdiu das propias asociacións de bateeiros que, ademais, celebraron unha gran concentración polas rúas da vila.

A manifestación arrancou na ponte da Illa de Arousa. Convocaban as catro asociacións mexilloeiras da Illa pero, ademais de todos ou case todos os da Illa, moitos máis procedentes doutros portos e doutras rías. Considéranse moi prexudicados pola decisión da Consellería do Mar de prohibir a extracción de cría de mexillón en zonas concretas da costa.

A Xunta pechou á mexilla esas zonas nas que adoitaban apañar semente os mexilloeiros pola súa presunta incompatibilidade co traballo dos percebeiros. Os manifestantes as zonas que se pechan son as de maior produción de mexilla e negan a incompatibilidade dos oficios.

A concentración rematou na casa do concello. Alí, nun pleno extraordinario, o alcalde da Illa leu a moción iniciativa das asociacións de mexilloeiros, que se aprobou coa unanimidade dos tres grupos da corporación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade