Publicador de contidos
Publicador de contidos

O concello de Madrid valora se derrubar o edificio sinistrado

O concello de Madrid valora se derrubar o edificio sinistrado

É unha das opcións que baralla o concello tras detectar serios danos estruturais no inmoble.

Os veciños dos edificios lindeiros que se viron afectados agardan poder volver ás súas casas

G24.gal 08/05/2022 14:47 Última actualización 08/05/2022 15:06

Os drons da Policia Municipal de Madrid proporcionan esta visión do estado en que quedou o edificio da rúa Xeneral Pardiñas tras a explosión de gas que provocou a morte de dous operarios de 21 e 27 anos. Aínda que boa parte da fachada se mantén en pé, o interior está case completamente devastado. No momento do sinistro, as vítimas traballaban no terceiro andar.

As imaxes son de utilidade para a avaliación de danos e posibles riscos. 

A vicealcaldesa da cidade, Begoña Villacís, di que "os técnicos de control de edificación viron as imaxes", que o estado por dentro é "desastroso" e  que "probablemente se declare a quebra".

E é que mesmo despois de apuntalar a estrutura do inmoble, os técnicos ven risco de que algunhas zonas poidan virse abaixo e, segundo Villacís, consideran a demolición.

É unha das opcións pero aínda non o podemos confirmar. O que fagamos será para garantir a seguridade dos outros edificios.

Os veciños deste edificio non puideron nin entrar a recoller as cousas como si fixeron os dos dous edificios lindeiros, tamén desaloxados .  

Nas próximas horas poderían volver á casa os propietarios dos pisos menos danados, segundo a vicealcaldesa

Inicialmente dixemos o luns e mantemos o luns, pero estamos traballando para ver se pode ser antes. Evidentemente, en canto poidamos asegurar con garantías que non van correr riscos, van poder volver pero imos ser moi cautos.

A última hora da mañá os técnicos municipais informaban de que algúns veciños si poden volver á súa casa hoxe mesmo. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade