Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Santiago estuda implantar a taxa turística para os excursionistas

O Concello de Santiago estuda implantar a taxa turística para os excursionistas

A maioría dos turistas ven con bos ollos a iniciativa se os cartos se invisten no sector turístico para mellorar a cidade e facela máis sostible

G24.gal 08/08/2023 15:12

O que sae cada vez máis caro é viaxar, e xa saben que en Santiago os turistas van ter que pagar unha taxa, que aínda está por concretar. A novidade é que o Concello estuda tamén cobrarlles unha taxa especial aos excursionistas que só pasan o día na capital galega, sen facer noite en hoteis ou pisos turísticos. Uns cartos que, aseguran, reverterían na propia cidade.

Santiago busca agora que o turismo dun só día tamén contribúa por vía directa ao sostemento dos servizos básicos da cidade, aínda que non pernoiten nos aloxamentos. Unha das opcións que se barallan é un gravame para os autobuses que trasladan visitantes á zona histórica e que estacionan na dársena de Xoán XXIII. 

As asociacións de hostalería compostelás están divididas no debate da implantación da taxa turística que estuda a Xunta, a proposta do Concello de Santiago. No tema do imposto ao excursionista, desde a Asociación Hostalería Compostela ve a medida en positivo. 

Esta tarifa pode aplicala o Concello sen necesidade do visto e prace autonómico, polo que os servizos xurídicos e técnicos de Raxoi xa estudan as posibles fórmulas para facelo viable.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade