O Concello de Santiago sacará unha guía para que os peregrinos deixen de acampar na zona vella
O Concello de Santiago sacará unha guía para que os peregrinos deixen de acampar na zona vella
O último intento de acampada produciuse nas inmediacións de San Martiño Pinario
Que a acampada libre nas zonas urbanas é un práctica que está prohibida sucede en Santiago e en calquera outra parte do mundo.
Porén, hai quen segue querendo montar a tenda a poucos metros da praza do Obradoiro.
O último intento foi nos arredores de San Martiño Pinario.
Foron os veciños os que chamaron de inmediato a policía.
Tema que xa chega a preocupar o Concello de Santiago, e por iso vai elaborar unha guía de boas prácticas para prever este tipo de situacións.
Ten previsto distribuíla en diferentes puntos da cidade, oficinas turísticas e albergues.
Unha guía coa que a xente saiba a onde chega, que esta é unha cidade Patrimonio da Humanidade, onde hai que manter a convivencia coa xente que vive e traballa aquí.