O Concello e o IES do Carballiño homenaxean a profesora morta no Lérez
O Concello e o IES do Carballiño homenaxean a profesora morta no Lérez
Guadalupe Díaz foi profesora no IES 1 do Carballiño só un trimestre, pero deixou pegada e unha fonda impresión entre alumnos e profesores
"Cariño, simpatía, unha boa persoa"
Así define un dos seus alumnos a Guadalupe Díaz, a profesora de Lingua que en Noiteboa morreu no accidente de autobús no río Lérez. Malia que só deu clase no instituto do Carballiño desde setembro, deixou pegada. Estudantes e profesores asistiron ao minuto de silencio na súa memoria convocado polo Concello e, segundo expresaron, un trimestre foi suficiente para apreciala.
Directora do IES Nº1 do Carballiño e amiga de Guadalupe Díaz: "Seguimos totalmente consternados, impactados".
"Só podo dicir que era unha excelente compañeira, moi boa persoa, e que son momentos moi tristes, moi tristes", engade a xefa de estudos, Isabel Álvarez Sánchez
"Moi querida polos alumnos e polos profesores", afirma a vicedirectora, Isabel Álvarez Sánchez.
O alumnos din que era como "una alumna máis", que podían falar con ela do académico e do profesional, que pasaban os recreos con ela e que ao mesmo tempo que se empeñaba en que aprenderan a materia, facía das súas clases "un divertimento".
"Enfocaremos unha despedida como ela merece. Todos unidos, profesorado, alumnado e empatizando tamén co concello de Lalín", avanza a directora.
Guadalupe Díaz tiña 44 años, era de Lugo e vivía en Lalín, desde onde se desprazaba a diario ata O Carballiño. Deixa orfos dous fillos de oito e cinco anos.