Leiro rexistrou este domingo 33 graos, a temperatura máxima de Galicia
Leiro rexistrou este domingo 33 graos, a temperatura máxima de Galicia
O venres chegou aos 34,5 graos, o récord nun mes de abril dende que hai rexistros
A partir do luns baixan as temperaturas, cunha máxima prevista en Ourense de 25 graos
Por cuarto día consecutivo, Ourense superou os 30 graos, unha temperatura sorprendente nesta altura do ano.
“Estanos collendo un pouco por sorpresa, pero agradécese bastante poder escapar á praia".
“Eu son moi friorenta, así que este tempo encántame, a chuvia deprímeme”.
“Eu a calor sopórtoa bastante ben, pero non é tanta”.
Non é tanta se a comparamos co verán, pero este episodio de calor deixounos o récord histórico de temperaturas nun mes de abril en Galicia, os 34,5 graos que se rexistraron este venres no concello de Leiro.
"Hai que poñerse á sombra, que non che dea na cabeza... e nada máis".
"Eu levo mellor o frío ca a calor".
A pesar da calor non usual destes últimos días, hai quen prefire non desfacerse da chaqueta. A partir do luns, as temperaturas volven a valores máis propios destas datas. As mínimas baixarán desde os 14 ata os 9 graos, e a máxima prevista en Ourense non superará os 25.