Publicador de contidos
Publicador de contidos

O condutor contra o que bateu o vehículo que circulaba en dirección contraria en Fene di que non o viu vir

O condutor contra o que bateu o vehículo que circulaba en dirección contraria en Fene di que non o viu vir

Fernando comezará nos próximos días a rehabilitación

A condutora que provocou o accidente continúa hospitalizada no Arquitecto Marcide de Ferrol

G24.gal 03/02/2023 13:13

O condutor do vehículo contra o que bateu a condutora que provocou o accidente do Sartego di que non a viu vir porque circulaba detrás doutro coche.

Fernando Leal, que esta mañá pasou polo estudio de A revista, iniciará nos próximos días o proceso de rehabilitación.

Fernando conducía o vehículo contra o que bateu a condutora do coche que circulaba en dirección contraria esta fin de semana pola AP-9 en Fene.

O accidente ocorreu no interior do túnel do Sartego, con velocidade limitada a 90 quilómetros por hora.

"O túnel fai media curva e, claro, non vin nada. Foi esquivar o de diante para non darlle por detrás e xa petei contra o outro coche".

A pesar do violento impacto frontal, Fernando conseguía abandonar polo seu propio pé o vehículo.

"E o luns si, o luns xa empecei con dores e xa derramos, na cadeira teño un bastante grande, dor abdominal e o do peito, loxicamente. E os brazos".

Fernando comezará nos próximos días a rehabilitación.
A condutora que provocou o accidente continúa hospitalizada no Arquitecto Marcide ferrolán.     

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade