O condutor do accidente mortal de Xove sae da UCI mes e medio despois
O condutor do accidente mortal de Xove sae da UCI mes e medio despois
O xulgado estaba á espera da saída da UCI para tomarlle declaración ao condutor, unha dilixencia da que aínda non transcendeu máis información
O condutor do vehículo sinistrado de Xove en que morreron catro mozos saíu da unidade de coidados intensivos un mes despois, e xa se atopa na planta do Hospital Lucus Augusti.
Tras o accidente, o Xulagado de Instrucción número 2 de Viveiro abriu dilixencias sobre o sinistro e autorizou a remisión de mostras de sangue a un laboratorio, que finalmente deron positivo en alcol no condutor.
O xulgado informou de que estaba á espera da saída da UCI para tomarlle declaración ao condutor, unha dilixencia da que aínda non trascendeu máis información.
O accidente tivo lugar o 1 de abril nunha curva pronunciada na Rigueira, nas proximidades da urbanización Palmeiro, e sen sinais de freada do vehículo.