Publicador de contidos
Publicador de contidos

O condutor do bus que caeu ao Lérez ten a condición de investigado polo suceso

O condutor do bus que caeu ao Lérez ten a condición de investigado polo suceso

Tan só declarou coas preguntas do seu avogado e acolleuse ao seu dereito a non facelo perante os axentes da Garda Civil

G24.gal 30/12/2022 21:51 Última actualización 30/12/2022 22:03

O condutor do autobús sinistrado, un vigués de 63 anos e cunha dilatada traxectoria profesional ao volante, declarou ao longo da xornada de onte. Logrou esquivar os obxectivos dos medios que se apostaron todo o día na entrada da comandancia da Garda Civil de Pontevedra para intentar captar a súa imaxe. Durante horas respondeu so a preguntas do seu avogado e acolleuse ao seu dereito a non declarar as preguntas dos axentes.

A súa condición pasou a ser a de investigado, o que polo momento tan só significa unha medida de protección dos seus dereitos no marco da investigación ante a posibilidade indiciaria de que se lle atribúan sete homicidios por imprudencia. Lembramos que deu negativo nas probas de alcol e drogas. 

Os investigadores xa interrogaron tamén no hospital a outra supervivente do sinistro, que segue ingresada no Álvaro Cunqueiro. Os dous confirmarían que levaban o cinto posto. Puido ser clave para a súa supervivencia. Iso determinarao a investigación que segue en marcha. 

Tamén transcendeu que ambos apuntarían á intensa chuvia que caía no momento do accidente e ás malas condicións da vía, o que puido provocar que o autobús fixera aquaplanning. Unha das hipóteses que barallan os investigadores e que múltiples voces apuntaban estes días.

Tamén se analizan os datos do tacógrafo e outros elementos dixitais do autocar, ademais de todos os vestixios recollidos no lugar do accidente e no autobús para intentar facer unha simulación de que pasou.

Todo ese traballo demorará unhas semanas ata que o informe sexa remitido ao Xulgado de Instrución número 1 de Pontevedra que levará o caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade