Publicador de contidos
Publicador de contidos

O condutor dunha ambulancia cuadruplica a taxa de alcol nun control da A-6 en Becerreá

O condutor dunha ambulancia cuadruplica a taxa de alcol nun control da A-6 en Becerreá

Aconteceu no marco dun control rutineiro de estradas e nese momento non levaba ningún paciente

G24.gal 14/02/2023 10:51 Última actualización 14/02/2023 11:07

Axentes da Garda Civil de Tráfico interceptaron o luns pola tarde o condutor dunha ambulancia, que case cuadruplicou a taxa de alcol permitida para os profesionais do sector.

Aconteceu na Autovía do Noroeste (A-6) no marco dun control rutineiro de estradas sobre as seis da tarde, ao seu paso polo municipio lucense de Becerreá.

Deu unha taxa de 0,56 miligramos de alcol por litro de aire expirado, case catro veces máis do permitido para os profesionais deste sector que están limitados a 0,15 miligramos por litro de aire expirado. Nese momento a ambulancia non transportaba ningún paciente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade