O conflito entre Rusia e Ucraína ameaza as exportacións galegas
O conflito entre Rusia e Ucraína ameaza as exportacións galegas
As exportacións galegas dos dous países achegáronse aos 220 millóns de euros o ano pasado
As empresas galegas que exportan a Ucraína e Rusia están moi pendentes da evolución do conflito entre os dous países.
A metade das exportacións da nosa comunidade ao país ucraíno corresponden ás vendas de vehículos, que o ano pasado se achegaron aos cincuenta millóns de euros.
Á preocupación desta industria súmase a pesca galega. As vendas de peixe conxelado ascenderon a máis de 24 millóns de euros o ano pasado. O sector teme o impacto dun posible conflito bélico.
As exportacións galegas aos dous países en conflito achéganse aos 220 millóns de euros. A situación actual tamén pon en risco a industria téxtil e química, sen esquecer o gas que importamos de Rusia, que podería agravar a crise enerxética.
Tamén se poderían ver afectados produtos básicos como os cereais e o aceite que Galicia merca a Ucraína.