Publicador de contidos
Publicador de contidos

O conflito da recollida do lixo na Coruña non cesa, á espera dunha nova xuntanza este xoves

O conflito da recollida do lixo na Coruña non cesa, á espera dunha nova xuntanza este xoves

Este xoves, empresa e traballadores manterán unha nova xuntanza para tratar de achegar posturas e atallar canto antes o problema da recollida do lixo na cidade

G24.gal 02/03/2022 12:59

Na Coruña, continúa o conflito no seo da empresa encargada da recollida do lixo. O aspecto nalgunhas zonas da cidade mellorou nas últimas horas debido á intervención doutra compañía que tivo que ser contratada de urxencia debido á gravidade da situación, pero o enfrontamento non está resolto.

Pouco a pouco vaise notando o traballo dos reforzos contratados polo Concello, tras declarar este luns a emerxencia sanitaria, para recoller o lixo. Pero o certo é que o conflito non cesa. E á vista está, porque moitas rúas da Coruña seguen cos colectores cheos e unha morea de bolsas de residuos esparexidas polas beirarrúas nesta oitava xornada do conflito.

Mañá, xoves, contra as catro da tarde, empresa e traballadores manterán unha nova xuntanza para tratar de achegar posturas e atallar canto antes o problema da recollida do lixo na cidade.

Amais, o comité de empresa solicitou unha xuntanza coa alcaldesa, Inés Rey, para explicarlle a situación que, segundo din, se deriva dun incumprimento do convenio colectivo. Aseguran que non están en folga, que hai un conflito. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade