Os independentistas din que a Lei de Amnistía achanza o camiño para a independencia e falan de vitoria
Os independentistas din que a Lei de Amnistía achanza o camiño para a independencia e falan de vitoria
Os independentistas din que a Lei de Amnistía achanza o camiño para a independencia e falan de vitoria
Nun día cualificado de "histórico" polas forzas políticas independentistas e de esquerdas, só o PP, Vox e UPN se opuxeron desde a tribuna
Sánchez, tras aprobarse a lei de amnistía: "A convivencia abre camiño"
As comunidades gobernadas polo PP recorrerán a lei de amnistía ante o Tribunal Constitucional
O Congreso aprobou este xoves, con 177 votos a favor e 172 en contra, a proposición de lei de amnistía para a normalización institucional, política e social en Cataluña, unha iniciativa pactada polo PSOE con Junts e ERC e que permitiu hai seis meses a investidura de Pedro Sánchez.
Nun día cualificado de "histórico" polas forzas políticas independentistas e de esquerdas, só o PP, Vox e UPN se opuxeron desde a tribuna a unha lei que borra todos os delitos e responsabilidades administrativas e contables vinculados ao procés entre o 1 de novembro de 2011 e o 13 de novembro de 2023.
Foi unha votación por chamamento, por petición do Partido Popular, que se opuxo frontalmente á norma e esgotará todas as vías para tumbala. A amnistía foi pactada polo PSOE con Esquerra e Junts a cambio do seu apoio á investidura.
Unha vez que se publique no Boletín Oficial do Estado os encargados de aplicar a lei serán os xuíces, no punto de mira de varios dos discursos ante o temor de que poidan atrasar a amnistía efectiva acudindo ao Constitucional ou ao Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
O Goberno calcula que a lei de amnistía ha beneficiar unhas 400 persoas. Entre eles, os líderes de Esquerra e de Junts, que escenificaron a súa unidade ás portas do Congreso. Os independentistas falan de vitoria e din que lei achanda o camiño para o referendo.
"É un punto para seguir, unha loita pola democracia que se ten que expresar volvendo votar", di Oriol Junqueras, presidente de ERC.
Tanto Esquerra coma Junts esíxenlles aos xuíces que comecen a aplicar a lei de maneira inmediata. Son os que teñen a última palabra. Para facerse efectiva, a lei terá que aplicala cada tribunal que ditara sentenza ou teña aberto un procedemento sobre o procés.
"Os xuíces teñen que aplicar as leis. E esta é unha lei que aprobou o Congreso, que é moi clara. Se algún non está de acordo políticamente que o defenda nas urnas, pero non coas togas", di Jordi Turull, de Junts.
Junts defende que, coa amnistía aprobada, Carles Puigdemont volverá a España en breve. O expresidente catalán admitiu desde Waterloo que non será doado, pero celebra a amnistía para poder negociar co Estado, di, en igualdade de condicións.
"O Estado español, a través do seu Parlamento, corrixiu un erro. O futuro non é un camiño de rosas, comezando pola aplicación da lei. Pero hoxe quitamos unha das espiñas que nos impedian avanzar", dixo o expresidente Carles Puigdemont.
Puigdemont evitou facer referencia ao seu regreso a España ata que se aclaren os recursos e a posición do Supremo sobre o levamentamento das ordes de detención.
Sánchez, tras aprobarse a lei de amnistía: "A convivencia abre camiño"
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, expresou este xoves a súa satisfacción pola aprobación definitiva da lei de amnistía por parte do Parlamento e coa que considera que "a convivencia abre camiño". "En política, coma na vida, o perdón é máis poderoso que o rancor", escribiu na rede social X tras asistir á votación no pleno do Congreso da lei de amnistía.
En política, como en la vida, el perdón es más poderoso que el rencor.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) May 30, 2024
Hoy España es más próspera y está más unida que en 2017.
La convivencia se abre camino.
Á saída do hemiciclo non fixo declaracións, e cando xa se dispoñía a abandonar o edificio, limitouse a responder cun "sen dúbida" á pregunta de se estaba satisfeito pola aprobación da lei. No seu comentario na rede social subliñou que "España é máis próspera e está máis unida que en 2017".
Os fiscais do procés non ven viable levantar a orde de detención contra Puigdemont
Os fiscais do Supremo que interviñeron no xuízo do procés informaron ao fiscal xeral do Estado, Álvaro García Ortiz, que a orde de detención contra o expresident catalán Carles Puigdemont non pode ser retirada pola amnistía e que non ven viable aplicar a norma ao delito de malversación.
García Ortiz reuniuse esta mañá cos fiscais do Tribunal Supremo que interviñeron no procés así como co fiscal xefe ante o Tribunal Constitucional para fixar posicións e evitar criterios dispares na aplicación da amnistía. Mañá, venres, continuará coa cúpula fiscal de Cataluña.
Fontes xurídicas informan a EFE da posición que este xoves trasladaron a García Ortiz os fiscais Javier Zaragoza, Consuelo Madrigal, Fidel Cadena e Jaime Moreno, críticos coa norma, que este mesmo xoves foi aprobada definitivamente polo Congreso. Os fiscais explicáronlle que as medidas cautelares e ordes de detención, que afectan, entre outros, a Puigdemont, non poden ser alzadas, a pesar de que a lei contempla que deben de ser levantadas de inmediato en canto entre en vigor no BOE.
Sergio Oliva, voceiro da Asociación Xudicial Francisco de Vitoria, cre que é un texto que crea "inseguridade xurídica, porque non ofrece claridade, precisión, sobre o que son delictos ou non amnistiables". Lamenta, ademais, "que se desoíran as críticas e as alertas de moitos xuristas durante a tramitación parlamentaria".
Bruxelas evita dar un prazo para pronunciarse sobre a amnistía
A Comisión Europea dixo este xoves que ten que analizar aínda a lei de amnistía, que hoxe aprobou o Congreso dos Deputados español, e evitou dar un calendario preciso sobre cando dará a súa opinión sobre a concordancia da norma co dereito comunitario.
"A Comisión estivo cun estreito contacto coas autoridades españolas sobre esta cuestión e seguiu de preto os acontecementos. Agora que a lei adoptouse, a Comisión será capaz de analizar a súa relevancia en termos de dereito comunitario e continuaremos seguindo os acontecementos no contexto da preparación do noso informe do Estado de dereito deste ano", dixo a portavoz do Executivo comunitario Anitta Hipper.
Engadiu que Bruxelas "non ten un calendario específico" para pronunciarse sobre a análise da norma, que hoxe aprobou o Congreso con 177 votos a favor e 172 en contra. A Comisión iniciou un primeiro contacto co Goberno español a conta da lei de amnistía cando se empezaron a coñecer os detalles do proxecto de lei, mentres aínda se negociaba un acordo entre o PSOE e Junts en Bruxelas para desbloquear a investidura de Pedro Sánchez.
Tras unha primeira carta na que o entón comisario de Xustiza, Didier Reynders, pediu información sobre o alcance da norma, a Comisión Europea remitiu a España quince preguntas que non se fixeron públicas e en diferentes debates parlamentarios recalcou que non podería pronunciarse sobre o texto ata que non concluíse a súa tramitación no Congreso dos Deputados.
A Comisión de Venecia, órgano do Consello de Europa e non vinculado á Unión Europea, emitiu xa a mediados de marzo un informe no que nin avalou nin desautorizou a norma, aínda que si apuntou a que unha amnistía non pode estar redactada para individuos concretos e mostrou a súa preocupación sobre a recente ampliación en dous meses do ámbito temporal de aplicación "sen xustificación".
O presidente da Xunta di que a aprobación da lei obedece só a intereses particulares
Nunha mensaxe nas redes sociais, o presidente da Xunta di que a aprobación da lei de amnistía obedece só a intereses particulares e partidistas e supón, engade, unha enorme discriminación entre españois, recompensando a aqueles que queren dinamitar o noso sistema.
Fronte a iso, afirma Rueda, Galicia seguirá defendendo a convivencia, a igualdade e os valores da Constitución.
La aprobación de la Ley de Amnistía obedece solo a intereses particulares y partidistas, y supone una enorme discriminación entre españoles, recompensando a aquellos que quieren dinamitar nuestro sistema.
— Alfonso Rueda (@AlfonsoRuedaGal) May 30, 2024
Frente a ello, Galicia seguirá defendiendo la convivencia, la igualdad y…