O Congreso de Mundos Dixitais amosa o músculo da innovación audiovisual en Galicia
O Congreso de Mundos Dixitais amosa o músculo da innovación audiovisual en Galicia
Hai máis de 1.500 inscritos neste evento, que, despois de 20 edicións, está xa considerado como o máis importante de Europa
Os avances na intelixencia artificial deixan tamén a súa pegada no mundo do audiovisual.
Avaliar o impacto da tecnoloxía na videocreación e poñer en común eses novos coñecementos é o propósito do Congreso de Mundos Dixitais, que se celebra na Coruña e que chegou xa á edición número 21.
Danse cita aquí relatores de primeiro nivel internacional no que se refire á aplicación de tecnoloxías ao mundo da creación: efectos especiais, animación, ilustración ou deseño gráfico. Son persoas con moitos prestixio no sector e moitas delas son galegas.
"Agora mesmo é un dos lugares máis destacados despois de Estados Unidos e Londres. Tentamos buscar as mellores presentacións en temas concretos, e antes tiñamos que recorrer a empresas americanas, inglesas ou alemás e agora son empresas nacionais", Manuel Meijide, director do Congreso de Mundos Dixitais.
"Nesta conferencia eu e David Blanco, que fomos compañeiros aquí hai moitos anos, agora vimos amosar o que facemos polo mundo, e el vén desde Wellington e eu desde Vancouver, e estou moito contento diso porque aquí é onde me formei", engade Guillermo Arambulu, especialista en efectos especiais.
Son galegos, formados en Galicia, e ven no Congreso de Mundos Dixitais unha oportunidade para reivindicar a autoestima por este sector, porque este congreso da Coruña é un polo que atrae profesionais de toda Europa.
Entre o máis atractivo, unha feira de emprego, que é a maior na súa especialidade.