Publicador de contidos
Publicador de contidos

O congreso do PP de Madrid vaise celebrar o 20 e 21 de maio

O congreso do PP de Madrid vaise celebrar o 20 e 21 de maio

Será o primeiro congreso autonómico dos 11 que o PP ten pendentes en varios territorios

Díaz Ayuso poderá presentar a súa candidatura para liderar o PP madrileño

G24.gal 11/04/2022 14:52

Xa hai data para o congreso do Partido Popular de Madrid. Celebrarase o 20 e 21 de maio. A xunta directiva da comunidade autónoma convocará nas próximas semanas ese congreso.

Alberto Núñez Feijóo e o presidente do PP de Madrid, Pío García Escudero, xa mantiveron un primeiro contacto para darlle unha aceleración á convocatoria deste conclave do que sairá o próximo presidente do PP de Madrid. Precisamente a data do congreso desencadeou a crise entre o anterior líder do PP, Pablo Casado, e a presidenta da comunidade madrileña, Isabel Díaz Ayuso.

Este congreso do PP en Madrid rematará  con case catro anos nos que a dirección autonómica do partido estivo en mans dunha xestora. A este congreso vaise poder presentar como candidata a presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, para dirixir a formación.

As datas anunciounas o novo coordinador xeral do Partido Popular, Elías Bendodo, nunha conferencia de prensa na que confirmou que tras contactar co responsable da sociedade xestora que dirixe o PP de Madrid, Pío García Escudero, xa sse fixou  a data do Congreso, a fin de semana do 20 ao 21 de maio.

Este será o primeiro congreso autonómico dos 11 que o PP ten pendentes en varios territorios e que, segundo explicou Bendodo desde a sede nacional do PP, pretenden convocar "canto antes", se é posible antes do verán.

Sinalou que  é un ano no chegan novas eleccións municipais e autonómicas e que as novas direccións do PP "teñen que estar engraxadas" porque deben buscar "os mellores candidatos".

Será unha próxima Xunta Directiva Nacional a que convoque oficialmente estes congresos, nos que o de Madrid se presenta como o máis relevante, xa que a súa data foi un dos motivos do enfrontamento entre Ayuso e a anterior dirección do partido, liderada por Pablo Casado.

O enfrontamento entre o presidente madrileño e Casado polo control do partido en Madrid foi o xermolo dun enfrontamento que se desatou nunha crise sen precedentes, con acusacións cruzadas de espionaxe e corrupción, e que se saldou co relevo na Presidencia do PP, que quedou liderado por  Alberto Núñez Feijóo tras o recente congreso en Sevilla.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade