A Xunta di que o Centro de Protonterapia sitúa Galicia á vangarda da medicina de precisión
A Xunta di que o Centro de Protonterapia sitúa Galicia á vangarda da medicina de precisión
A Xunta destina 127 millóns de euros á adquisición de fármacos de terapia avanzada que se obteñen a partir de células do propio paciente
A Xunta destina 127 millóns de euros á adquisición de fármacos CAR-T, medicamentos de terapia avanzada que se obteñen a partir de células do propio paciente. Son tratamentos de precisión cos que traballa o Centro de Fabricación de Terapias Avanzadas de Galicia, pioneiro en España.
O conselleiro de Sanidade visitou o centro, e destacou que sitúa a Galicia á vangarda na loita contra o cancro a través de tratamentos personalizados: "É un proxecto máxico, vanse soldados biolóxicos a partir das células dos pacientes para loitar contra o cancro. Representa un exemplo paradigmático da aposta da Xunta de Galicia pola innovación en saúde, e pola equidade e accesibilidade da poboación galega aos tratamentos disruptivos do cancro", asegurou Gómez Caamaño.