O Consello Económico e Social de Galicia avoga por unha maior regulación das vivendas de uso turístico
O Consello Económico e Social de Galicia avoga por unha maior regulación das vivendas de uso turístico
O Consello Económico e Social de Galicia avoga por unha maior regulación das vivendas de uso turístico
Hai 19.000 aloxamentos e máis de 100.000 prazas en pisos turísticos, o cuadruplo que en 2018
As comunidades de veciños, o sector hostaleiro e os residentes piden que se escoiten os seus intereses
En cinco anos, Galicia cuadruplicou o número de vivendas de alugueiro turístico. Tan só no concello de Sanxenxo a oferta é de case 3.000. Buscar o consenso entre todos os sectores afectados pola proliferación desta modalidade de aloxamento, que xa suma 100.000 prazas en Galicia, é o propósito dunha xornada que promove o Consello Económico e Social e que pretrende analizar todas as arestas do problema.
"Queremos velo desde o punto de vista dos propietarios, que herdaron unha propiedade e queren sacarlle reindibilidade; tamén dos establecementos hostaleiros, porque eles fan referencia a que non se está xogando coas mesmas cartas, ou desde as comunidades de veciños porque se temos no 5º do noso bloque unha VUT poden estar entrando persoas e saíndo, tendo a chave do edificio, usar zonas comúns...", explica Manuel Martínez Varela, secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia.
Analizan tamén o impacto sobre o PIB, sobre os concellos onde proliferan este tipo de alonxamentos e sobre a poboación.
"Converten as cidades en parques temáticos. Hoxe para unha familia atopar en Santiago unha vivenda de uso residencial é case imposible" , di Rocío Arnoso, da Unión de Consumidores de Galicia
"En España, só o 1,2 % do parque inmonbiliario son vivendas de uso turísticos", responde Dulcinea Aguín Presidenta de Aviturga. Os propietarios de pisos turísticos critican tamén a escaseza de promoción de vivenda pública nas últimas décadas.
"O que non pode ser é que os propietarios que fixemos o investimento para preparar a vivenda e destinala a turismo sexamos agora os culpables de que non haxa vivenda".
"É unha actividade que ten que estar regulada e definidade e xogar todos coas mesmas cartas conxugando todos os intereses", conclúen os promotores das xornadas.