Publicador de contidos
Publicador de contidos

Deteñen un veciño da Coruña acusado de estafa tras lograr datos persoais nunha web de alugueiro de vivendas

Deteñen un veciño da Coruña acusado de estafa tras lograr datos persoais nunha web de alugueiro de vivendas

Equipo de delitos Informáticos da Garda Civil /Arquivo Equipo de delitos Informáticos da Garda Civil /Arquivo
G24.gal 20/07/2024 13:46

O Equipo @Coruña da Garda Civil da Coruña, especializado en asesoramento, prevención e resposta en materia de ciberdelincuencia, detivo a un veciño da Coruña como presunto autor de estafar a varias persoas tras obter os seus datos persoais nun portal web de alugueiro e venda de vivendas.

A investigación comezou por mor das denuncias interpostas polas vítimas nas localidades de Culleredo, Oleiros, Boiro e Lorca,  cunha serie de pautas coincidentes. Nelas, indicaban recibir cargos de entidades comercializadoras de créditos persoais non solicitados e que ademais lles reclamaban distintas cantidades por falta de pagamento de débedas.

Durante a investigación, os axentes comprobaron que todos os denunciantes realizaran a procura de inmobles na Coruña a través dun coñecido portal web de alugueiro e venda de vivendas.

Modus operandi 

O detido insería neste portal anuncios falsos de alugueiro ou venda de pisos, obtendo con iso os datos dos interesados, nome, fotografía do DNI etc..., e mais o importe do suposto depósito de alugueiro. Unha vez obtidos os datos persoais, utilizábaos para realizar diversas compras de efectos tecnolóxicos en diversas plataformas web, aboando os mesmos a través de microcréditos dos que os titulares eran as vítimas dos enganos, que descoñecían a existencia dos mesmos ata que lles eran reclamados polas entidades comercializadoras os importes non abonados.

Tras a análise da información solicitada, os axentes lograron a identificación plena do presunto autor dos feitos, resultando ser un veciño da Coruña, coñecido da policía por ilícitos do mesmo tipo.

Unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á detención desta persoa como presunto autor dun delito de estafa continuada e varios de falsidade documental.

Recomendacións

Ante feitos destas características, a Garda Civil recomenda, como norma xeral, limitar os datos ou usar un filtro en branco e negro, así como tachar algúns datos que son innecesarios ou pixelalos.

Deste xeito, explica, asegúrase que se expón a mínima información posible. Tamén sinala que se debe enviar a imaxe do DNI en branco e negro a todas aquelas persoas que o solicitaran e aconséllase establecer unha marca de auga no documento de identidade, así como escribir un texto sobre el no que se especifique o motivo polo que se está compartindo unha imaxe do documento e a que persoa ou destino vai a información.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade