Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Constitucional exonera un dos principais condenados polos ERE

O Constitucional exonera un dos principais condenados polos ERE

Anula a condena por malversación de Miguel Ángel Serrano, exdirector xeral de IDEA

Segunda rectificación dunha sentenza do caso das axudas fraudulentas en Andalucía

Antón Montero 02/07/2024 20:11 Última actualización 02/07/2024 20:18

O Tribunal Constitucional anula a condena a un dos principais implicados no caso dos ERE. Miguel Ángel Serrano, exdirector xeral da Axencia de Innovación de Andalucía, cumpría unha pena de seis anos e medio de cadea por prevaricación e malversación.

Por sete votos a catro, o pleno do Constitucional estimou o seu recurso ao entender que as axudas que concedeu estaban amparadas pola lei de presupostos. A Audiencia provincial de Sevilla xa ordenou a súa posta en liberdade.

Hai outros nove recursos pendentes de resolución nos vindeiros días, entre eles os dos expresidentes da Junta, Manuel Chaves e José Antonio Griñán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade