Publicador de contidos
Publicador de contidos

O consumo de produtos ecolóxicos na pandemia medrou un 20 %

O consumo de produtos ecolóxicos na pandemia medrou un 20 %

En Galicia hai 1.300 produtores ecolóxicos

G24.gal 02/11/2021 21:51

Levaba uns anos en ascenso, pero semella que a pandemia lle deu un pulo aínda maior. O produto ecolóxico gaña terreo e as vendas durante a emerxencia sanitaria, segundo estimacións do Craega, medraron sobre un 20 por cento.

Nalgunhas tendas especializadas din que a xente está cada vez máis concienciada co que consome. De feito van aparecendo clientes novos que se xuntan aos que xa son fieis dende hai tempo.

En Galicia hai 1.300 produtores ecolóxicos, que o pasado ano facturaron 108 millóns de euros. Froitas, verduras ou lácteos seguen sendo líderes, pero gañan terreo as conservas e outros produtos envasados, cada vez con máis mercados dentro e fora de Galicia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade