O consumo de tabaco é a causa da morte de dez persoas ao día en Galicia
O consumo de tabaco é a causa da morte de dez persoas ao día en Galicia
O tabaquismo provoca uns 56.000 mortos ao ano en toda España
Dende os anos 90, a mortalidade por fumar en mulleres está aumentando
Os expertos indican que España debe avanzar xa cara a unha sociedade libre de tabaco
O consumo de tabaco é responsable da morte de dez persoas ao día en Galicia e dunhas 56.000 ao ano en España.
En datos xerais o seu consumo foi diminuíndo desde finais dos anos 80, aínda así, no caso das mulleres a mortalidade por tabaquismo está aumentando ata chegar a duplicarse.
"Seguimos a ver mulleres embarazadas fumando e seguimos vendo como os máis novos seguen comezando a consumir tabaco e cigarros electrónicos", di Mónica Pérez Ríos, profesora titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.
Os expertos son tallantes: España debe avanzar xa cara a unha sociedade libre de tabaco.
"España está atrasada nas medidas de control do tabaquismo tal e como recomenda o convenio marco da OMS", engade Agustín Montes Martínez, profesor titular de Medicina Preventiva e Saúde Pública da USC.
E poñen como exemplo o modelo de Nova Zelandia.
"Dicir que a xeración que naceu a partir do ano 2009 non vai poder mercar tabaco é unha medida moi valente", destaca Mónica Pérez.
Unha sociedade permisiva co tabaquismo ten un efecto claro na sanidade pública.
"Hai moitos ingresos na sanidade pública por cancro de pulmón e por EPOC que son dúas das enfermidades nas que o tabaco é o factor de risco principal", di Julia Rey Brandariz, investigadora en epidemioloxía e saúde pública da USC.
Os expertos insisten en que o tabaquismo é a causa principal na nosa sociedade de enfermidade e de mortalidade evitables.