Publicador de contidos
Publicador de contidos

O contraste de temperaturas entre litoral e interior tamén representa unha gran diferenza no gasto en calefacción

O contraste de temperaturas entre litoral e interior tamén representa unha gran diferenza no gasto en calefacción

A calefacción supón o 70 por cento do gasto nas facturas anuais dun fogar

G24.gal 09/11/2022 14:51

Estamos entrando nos meses máis fríos do ano e co prezo da enerxía o consumo das calefaccións é un novo quebracabezas. Un gasto que non é o mesmo segundo a zona de Galicia onde se resida.

Non é o mesmo vivir os meses de inverno en Soutomaior ca en Xinzo.  De feito, aquí en Arcade, poucos prenderon a calefacción. A proximidade do océano modera o clima,  que non ten nada que ver co de Xinzo de Limia.

O consumo de calefacción é, polo tanto, moi superior. Ainda que de momento non chegou o forte nesta comarca ourensá.

O consumo de calefacción nunha vivenda de Xinzo pode ser o dobre que o de Arcade. Cos actuais prezos algúns tremen, ainda que non de frío. 

A calefacción supón o 70 por cento do gasto nas facturas anuais dun fogar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade