O coruñés Manuel Segade será o novo director do Museo Reina Sofía
O coruñés Manuel Segade será o novo director do Museo Reina Sofía
O ministro Miquel Iceta propón este martes o seu nomeamento
O coruñés Manuel Segade substituirá a Manuel Borja-Villel como director do Museo Reina Sofía.
O ministro Miquel Iceta propoñerá este martes ao Consello de Ministros o seu nomeamento.
Segade (A Coruña, 1977), foi o candidato que obtivo maior puntuación no proceso de selección que comezou o pasado 10 de febreiro.
Chega a este novo cargo tras case dez anos á fronte do Museo de Arte Contemporánea da Comunidade de Madrid.
Ademais, é membro fundador do European Art Assembly, un punto de encontro de varios directores e directoras de arte contemporánea europeos sobre temas urxentes da arte contemporánea, e membro fundador da European Forum For Advanced Practices, apoiado pola rede da Comunidade Europea COST.