Publicador de contidos
Publicador de contidos

O laboratorio de física do Seminario Menor de Ourense quere saír á luz como museo

O laboratorio de física do Seminario Menor de Ourense quere saír á luz como museo

Trátase do laboratorio de física máis antigo e mellor conservado da cidade

Promoveuno o bispo Eustaquio Ilundain a principios do século XX e, malia que cambiou de localización, consérvase tal como era, cos seus sorprendentes aparellos

G24.gal 27/05/2024 20:16 Última actualización 27/05/2024 20:52

Entrar no gabinete de física do Seminario Menor de Ourense é unha viaxe no tempo. Concretamente a 1906, que é o ano no que se creou e do que datan a maior parte dos instrumentos que conserva, e que abranguen as ramas fundamentais da física.

Amadeo Blanco, profesor de Bioloxía e de Química: "Está a rama da mecánica, da calor, do son, da acústica... Tivemos a sorte de que chegara a Ourense un bispo navarro cun gran interese pola ciencia, que quería que os seus alumnos se instruíran e se divertiran".

Os propios alumnos son conscientes do privilexio que supón manipular instrumental con máis de cen anos de historia e comprobar, cos seus propios ollos, as leis da física: "A nós gústanos vir para aprender como se facían antes as cousas". "Non é tan pesado coma estar horas e horas na clase".

Tamén hai unha sección de historia natural, con maquetas a escala e absolutamente fieis á realidade.

O seu obxectivo, no que están traballando actualmente, é convertelo nun museo, aberto a toda a cidadanía e os colexios, para que descubran a riqueza que atesoura o Seminario Menor.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade