Publicador de contidos
Publicador de contidos

O crime de Samuel Luiz, a xuízo con cinco acusados e máis de 80 testemuñas

O crime de Samuel Luiz, a xuízo con cinco acusados e máis de 80 testemuñas

As probas de ADN involucran directamente dous dos investigados

O informe forense é demoledor, os médicos atoparon 46 lesións no corpo de Samuel

O comisario do caso Samuel Luiz: "Espero que os culpables reciban penas exemplares"

G24.gal 14/10/2024 14:19

Este martes constitúese o xurado popular que vai xulgar o caso de Samuel Luiz. O mozo foi golpeado na Coruña ata a morte na madrugada do 3 de xullo de 2021.

O enfermeiro, de 24 anos, saía dun local de lecer preto da praia de Riazor cunha amiga e ía cun teléfono na man. 

Un dos agresores cre que o está gravando e comeza a golpealo. De inmediato súmanse máis. Perségueno e recibe unha malleira mortal. 

Houbo sete detidos, dous deles menores de idade, e condenados case que de inmediato. O resto, catro homes e unha muller, sentarán esta semana no banco dos acusados.

Ela, investigada como presunta instigadora. Eles, como supostos participantes. Acusados do mesmo delito e implicación diferente.

As probas de ADN involucran directamente dous dos investigados. E o informe forense é demoledor. Os médicos atoparon 46 lesións no corpo de Samuel, varias mortais.O caso estremeceu a sociedade mentres un altar provisional pedía xustiza.

Un xurado popular deberá determinar agora se os acusados son culpables do asasinato de Samuel. Ademais da brutalidade da malleira, o nesgo homófobo é outra clave do caso. O xoves declararán os dous primeiros acusados que afrontan penas entre os 22 e 27 anos. Ata novembro pasarán pola sala máis de 80 testemuñas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade