Cargando resultados...
A cota das illas Cíes queda escasa en fins de semana coma esta
A cota das illas Cíes queda escasa en fins de semana coma esta
As navieiras apostan por ampliar a cabida en outono
G24.gal
01/10/2023 14:01
Última actualización 01/10/2023 14:23
Douscentos erasmus que estudan na Universidade de Vigo visitaron este domingo as illas Cíes, e xa son case a metade dos 450 que poden visitar o arquipélago vigués en outono.
A cifra queda moi curta para a alta demanda destas illas, sobre todo en datas coma esta, en que a calor aperta.
As navieiras apostan porque se incremente a cabida nas illas polo menos ata mediados de novembro. Para que case ninguén quede en terra estas empresas ofrecen outras opcións como ir á illa de Ons, a Tambo ou a San Simón, pero a alternativa non convence a todos os demandantes.