Publicador de contidos
Publicador de contidos

O delegado do Goberno descarta compensar a Galicia polos atraso dos Avril

O delegado do Goberno descarta compensar a Galicia polos atraso dos Avril

Pedro Blanco di que non ve "cal é o dano real" e apunta que a reclamación faina o Executivo como "parte dun contrato"

 

G24.gal 05/03/2024 15:51

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, descartou este martes compensar a comunidade polo atraso na posta en marcha dos trens Avril, como pide a Xunta, alegando que máis aló do "dano moral", non detecta "exactamente cal é o dano real" e apuntando que a reclamación de danos e prexuízos a Talgo faise desde o Executivo central como parte "dun contrato".

Así o dixo, en resposta a preguntas dos medios, por mor da carta enviada este luns pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, ao ministro de Transportes, Óscar Puente, pedíndolle, entre outras cousas, medidas para compensar aos galegos "por este novo atraso e este novo agravio", tras confirmarse que os trens non estarán en circulación este primeiro trimestre.

Pedro Blanco lembrou que o Goberno, como parte do contrato con Talgo, instou "un procedemento de reclamación de danos e prexuízos" á empresa por "incumprimento de contrato", unha reclamación que "é dinámica", dixo, dado que "canto máis se atrasen" na entrega, maior será a contía. Con todo, descartou que esta compensación poida dirixirse tamén a Galicia, tendo en conta que non é parte deste contrato, e que "non existe" un modo de compensación "dun dano xenérico".

"Non vexo exactamente cal é ese dano, entre comiñas, real, máis que ese mal aos cidadáns que está a atrasar a posibilidade de poder viaxar nesas novas máquinas", dixo o delegado, que se referiu a este como un "dano moral".

Aínda que Pedro Blanco admitiu que o atraso de Talgo na entrega das máquinas causa "un problema aos cidadáns", asegurou que a Xunta e o PP "non son os máis indicados" para facer esta reclamación, apuntando "o dano que leva xerado co atraso da chegada do AVE a Galicia desde 2012".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade