O delegado do Goberno di que a N-541 é segura e critica o "oportunismo" dos alcaldes da zona
O delegado do Goberno di que a N-541 é segura e critica o "oportunismo" dos alcaldes da zona
Nesta estrada produciuse o accidente de autobús que deixou sete vítimas mortais
O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, afirmou este xoves que a estrada N-541, na que se produciu o accidente dun autobús en Noiteboa con sete falecidos, é unha vía "segura".
Miñones criticou o "oportunismo fóra de lugar" dos alcaldes de sete municipios que reclaman melloras no seu trazado.
E lembrou que a N-541 non figura "dentro das estradas de Galicia con concentración de accidentes", en base a unha decisión de informes de técnicos e non a "unha catalogación que se faga politicamente".
Por iso foi crítico co denominado Pacto de Pedre, en referencia ao lugar onde se produciu o sinistro ao caer o vehículo ao río Lérez, e impulsado polo alcalde do Partido Popular de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.
Respecto á investigación das causas do accidente, non ofreceu novos detalles.
Dixo que a investigación está en marcha e que "vai levar tempo" ao equipo especializado da Garda Civil que traballa na reconstrución do accidente.