Publicador de contidos
Publicador de contidos

O coche mal aparcado levou á detención en Vigo do home buscado por matar a súa muller en Valladolid

O coche mal aparcado levou á detención en Vigo do home buscado por matar a súa muller en Valladolid

Trasladan a Valladolid o detido en Vigo por matar a muller na cidade castelá

A vítima fora atopada polos bombeiros con varias coiteladas cando os bombeiros acudiron sufocar un incendio na súa vivenda

Vivenda de Valladolid en que atoparon morta a vítima (EFE/Nacho Gallego)
G24.gal 13/08/2024 10:46 Última actualización 13/08/2024 14:26

O home detido en Vigo acusado da morta da súa muller, de 49 anos, atopada morta con signos de violencia nunha vivenda incendiada do barrio dos Pajarillos, en Valladolid, está sendo trasladado á cidade castelá, logo de pasar a na comisaría da Policía Nacional de Vigo.

A Policía Nacional e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmaron que o detido será desprazado a Valladolid, xa que é a comisaría desa cidade a que investiga o caso, e que non comparecerá nos xulgados de Vigo, senón que o fará nos de Valladolid cando pase a disposición xudicial.

A muller -de nome Mónica- foi atopada este luns cando os bombeiros acudiron sufocar un incendio no domicilio. A vítima de 49 anos presentaba signos, amais de queimaduras, varias coiteladas. 

Nese momento decretouse unha orde de busca e captura contra o seu marido, que foi localizado en Vigo pola Policía Local, que o identificou por ter o coche mal aparcado á altura do Berbés contra as seis da tarde do luns. Obstaculizaba un carril desta avenida e no seu interior non había ninguén. Tras comprobar a matrícula, constataron que se trata dun coche requirido a nivel policial dende a comisaría de Valladolid.

Revisando as cámaras de seguridade que o Concello utiliza para pode controlar o tráfico observan que do coche saíra un home, que para nunha cafetería da que posteriormente sae andando en dirección a Bouzas. Unha hora despois, e a dous quilómetros de onde estaba o coche, atópano deambulando só na rúa Eduardo Cabello.

Está moi nervioso e tras un rexistro inicial os axentes comproban que leva enriba a carteira da súa muller. Segundos despois manifesta espontaneamente que acaba de matala cun coitelo.

Tras a súa detención foi trasladado á comisaría de Vigo onde pasou a noite. Na mañá deste martes iniciouse o seu traslado á comisaría da capital valisoletana onde se lle tomará declaración na marxe das 72 horas que marca a lei. 

Segundo informa Europa Press, o home, tamén de 49 anos, conta con antecedentes por delito de atentado á autoridade e historial psiquiátrico.

A autopsia á vítima será practicada este martes para determinar as causas da morte, mentres as forzas de seguridade continúan as investigacións.

Con este caso xa confirmado son xa 29 as mulleres vítimas mortais da violencia machista no que vai de ano, 1.273 desde 2003.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade