Publicador de contidos
Publicador de contidos

O director xeral de Familia cualifica de "decepcionante" a nova Lei de familias

O director xeral de Familia cualifica de "decepcionante" a nova Lei de familias

Jacobo Rey ve motivos ideolóxicos na clasificación dos diferentes tipos de familias por parte do Goberno

G24.gal 20/12/2022 09:37

O director xeral de Familia, Jacobo Rey, analizou no Galicia por diante a nova Lei de familias aprobada polo Goberno. Lamenta que o executivo a redactara sen contar coa participación das comunidades autónomas e asegura que é unha proposta "decepcionante", xa que non inclúe medidas que o Goberno anunciara antes da súa aprobación, como a ampliación dos permisos de maternidade e paternidade a 24 semanas. Rey critica que o permiso parental de oito semanas para o coidado de fillos non sexa remunerado.

"Dadas as circunstancias actuais, o último que poden facer as familias con problemas de conciliación é renunciar ao salario". 

Rey critica a "excesiva clasificación" que realiza o Goberno dos diferentes tipos de familias, recollendo ata dezaseis tipoloxías diferentes e tamén que desapareza no texto a denominación das familias numerosas. 

"Vemos que hai por un afán ideolóxico unha excesiva clasificación das familias, pero faltan novos dereitos e novas prestacións e axudas, que é o que demandan familias".

Jacobo Rey avanza que a Xunta está traballando no rexistro das familias monoparentais que existen en Galicia, un decreto que estivo "paralizado" -asegura- por mor da lei estatal.

Na entrevista, o director xeral de Familia falou tamén das novas desgravacións fiscais aprobadas pola Xunta.  Segundo dixo, coa nova dedución para tódalas familias con dous ou máis fillos pretenden beneficiar á inmensa maioría dos fogares galegos con fillos.

"Será unha actuación global que repercutirá directamente nas economías domésticas nun momento moi complicado".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade