Publicador de contidos
Publicador de contidos

O domingo de sol empuxa a xente a saír despois de semanas de chuvia

O domingo de sol empuxa a xente a saír despois de semanas de chuvia

G24.gal 22/01/2023 14:20 Última actualización 22/01/2023 21:20

Despois de moitas semanas entrando borrasca tras borrasca pola fachada atlántica, despois das imaxes de ríos desbordados e dun mar de fondo furioso volve o sol a Galicia. 

Iso nótase nas terrazas, nos parques, nos paseos e nos areais, sobretodo nos urbanos, coma este de Samil en Vigo. No sur de Galicia hoxe acadaremos as temperaturas máximas de toda a comunidade, 15 ºC. As mínimas, baixas, 5ºC. 

Son moitos estudos solventes os que din que a luz axuda a producir ata 8 veces máis serotonina, o motor dos estados de ánimo, que a escuridade. O sol, e a previsión de que estará con nós toda a semana, anima hoxe o espírito dos galegos. 

Lonxe das xeadas da Galicia interior, o sur galego amenceu este domingo con ceos azuis e un sol que había tempo que ninguén vía. Desde primeira hora da mañá a area e o paseo da praia urbana de Samil volveron reencontrarse coa xente. Sen paraugas, sen chuvasqueiros, sen vento... a vida volve ao aire libre e faino con mellor humor.

Confirma a xente o que din os estudos, que a luz mellora os estados de ánimo. Aínda así, os galegos somos os de "se chove que chova".

As previsións meteorolóxicas anuncian unha influencia anticiclónica plena toda a semana. Sol sen temor ás chuvias.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade