O dono dun bar de Lugo retén o ladrón que o ameazaba cunha pistola
O dono dun bar de Lugo retén o ladrón que o ameazaba cunha pistola
O ladrón actuou de día e encapuchado
A arma que levaba resultou ser falsa
A habitual tranquilidade do barrio lugués de Lamas de Prado viuse alterada. Un home totalmente encapuchado asaltou este céntrico establecemento a plena luz do día.
"Primeiro ensinou unha arma que levaba oculta baixo a roupa ao propietario e meteuse detrás da barra para facerse cos cartos que había na caixa. Posteriormente empuñou esa arma para ameazar o propietario", relata Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional en Lugo.
Conseguiu que lle deran o diñeiro, pero non chegou moi lonxe co seu botín. Aproveitando un descoido o dono do bar abalanzouse sobre el e conseguiu inmobilizalo. Mentres tanto, un dos clientes que estaba no interior do establecemento avisou o 091. Esa chamada á policía permitiu que se desprazaran rapidamente ata aquí e procederan á detención do ladrón.
O ladrón é un home de mediana idade e veciño de Lugo que foi detido como autor dun delito de roubo con violencia. Cando a policía comisou a pistola comprobou que se trataba dunha arma de simulación. Con todo, sen saber isto, o dono do local atreveuse a intervir.
"Cometeu un acto de valor e imprudencia porque, non sabendo si a arma era real ou non, puxo en risco a súa vida", relata Manuel Arias, voceiro da Policía Nacional en Lugo.
Os axentes destacan tamén a rápida chamada ao 091 que permitiu reducir os prazos de actuación e minimizar as consecuencias do suceso.