Cargando resultados...
O Ebro asolaga 3.000 hectáreas de cultivos en Zaragoza
O Ebro asolaga 3.000 hectáreas de cultivos en Zaragoza
Desaloxan 200 veciños e 500 animais
ana lois
15/12/2021 20:55
A enchente do Ebro continúa este mércores cara á Ribeira Baixa desbotando polo momento que afecte territorios urbanos. Ao seu paso pola cidade de Zaragoza deixa anegadas unhas 3.000 hectáreas de cultivos, ademais de 200 veciños e 500 animais desaloxados, que continúan á espera de que baixe o caudal para volver ás súas casas. Os bombeiros atenderon nesta contorna máis de 500 incidencias.