O elevado tempo de espera para mercar o roscón de Reis é xa case unha tradición máis de Nadal
O elevado tempo de espera para mercar o roscón de Reis é xa case unha tradición máis de Nadal
Cada vez en máis pastelerías hai que esperar durante horas para mercar a rosca de Reis artesá
Levamos varios días xa falando das ringleiras que se forman para mercar o roscón de Reis. Hai establecementos nos que os clientes chegan a esperar durante varias horas. Tal é a expectación, e tanta a espera, que o habitual é ver sair e carretar torres de roscóns. De tres en tres, de seis en seis.
Qué teñen de especial as roscas polas que tanta xente espera tanto, cada ano por estas datas? Moitos dos que elixen esperar para mercar o roscón de Reis recoñecen que algo desa espera é tamén parte do encanto da tradición de Nadal.
A espera, en abundancia, parece ser xa un dos ingredientes que lle dan gracia ao roscón de Reis. Neste local, para que os clientes vaian abrindo boca, mentres esperan o roscón, máis roscón.