O encoro de Vilasouto atópase preto do 80 % da súa capacidade
O encoro de Vilasouto atópase preto do 80 % da súa capacidade
A comezos do verán chegou a estar en niveis do 90 %
A rega do millo execútase sen restricións e están permitidos todos os usos
As canles de regadío en perfecto estado de funcionamento e cheas de auga e, por tanto, o millo nun tamaño e estado de crecemento inmellorables.
Son os efectos da alta cantidade de auga que ten o encoro de Vilasouto para esta época do ano, cun 77 % da súa capacidade.
Malia ser o Val de Lemos un dos lugares máis cálidos de Galicia, este ano aínda non fixo suficiente calor para que houbera evaporación e as chuvias do inverno fixeron o resto.
O encoro abastece unhas 280 explotacións gandeiras que cultivan herba e millo forraxeiro e da servizo tamén a numerosas hortas, xardíns e piscinas de particulares.
O pasado ano só se puido regar dous días e prohibiuse o uso que non fose para cultivos agrarios. Este ano non houbo restricións e os regantes fan un chamamento a potenciar a gandería e agricultura nesta zona.
O encoro, situado no río Mao, tan só é para uso de regadío e non se emprega para producir electricidade.