O "escape room" máis grande de Europa está en Vigo
O "escape room" máis grande de Europa está en Vigo
Estivemos na inauguración do xogo de escapismo máis grande de Europa. Está en Vigo, nun espazo de 4.000 metros cadrados a carón do monte Alba en plena natureza.
Diversión en grupo ao aire libre onde o tempo aprema se queren saír airosos dun enigma que busca mentes brillantes para resolver o estraño comportamento dos animais que habitan nese lugar.
Perigos que atoparán en plena natureza e un enigma que terán que resolver en cada un dos seis escenarios que os participantes terán que ir resolvendo ao longo de todo o percorrido.
E nese tempo someteranse a varias probas nas que deberán sortear pasadizos secretos, interpretar mapas e conseguir chaves coma esta, para lograr cada unha das letras que lles axudarán a resolver este enigma.
En todo momento irán acompañados dun militar. Se algunha proba se lles resiste sempre poderán subornar o mando. Dispoñen de dúas pebidas de ouro, que poderán trocar a cambio de información.
Este sábado foi a súa posta de longo. As reservas están abertas. O prezo é de 30 euros por persoa durante a semana e de corenta nas fins de semana. Do escape room máis grande Europa tamén se pode gozar en plena noite, cunha iluminación que lle dará a esta aventura máis intriga e tensión.