Publicador de contidos
Publicador de contidos

A explosión nun taller de coches fai saltar as alarmas en Santiago de Compostela

A explosión nun taller de coches fai saltar as alarmas en Santiago de Compostela

O accidente non causou feridos

G24.gal 21/07/2023 18:21 Última actualización 21/07/2023 21:10

Unha explosión nun taller de coches alarmou este venres os veciños da rúa Doutor Teixeiro de Santiago.

A continuación, un coche empezou a arder no interior do establecemento.

O suceso ocorreu ás seis menos vinte da tarde.

Os bombeiros desprazados á zona puideron sufocar as lapas e comprobar que non houbo ningunha persoa ferida polo sinistro.

O concelleiro de Mobilidade indicou que non hai cheiro de gas nin tampouco puntos térmicos que indiquen a orixe da explosión.

Fontes da investigación que a explosión puido ter a orixe nun compresor. Pero levará tempo esclarecer o acontecido.

A policía investiga agora as causas do accidente.

Dous traballadores estaban nese momento no interior do local pero afortunadamente resultaron ilesos. 

O sinistro deixou contiosos danos materiais. O teito da parte traseira do local derrubouse sobre varios coches e unha porta do local saíu disparada.  A explosión tamén provocou a rotura de cristais tanto no local afectado coma noutros baixos próximos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos