Publicador de contidos
Publicador de contidos

O excéltico Renato Tapia ficha por dúas temporadas no Leganés

O excéltico Renato Tapia ficha por dúas temporadas no Leganés

O internacional peruano cumprirá a súa quinta tempada na liga española

C. D. Leganés C. D. Leganés
G24.gal 15/08/2024 16:40 Última actualización 15/08/2024 16:45

Mes e medio despois de finalizar o seu contrato co Celta, Renato Tapia ten novo equipo. O internacional peruano cumprirá a súa quinta tempada na liga española, agora, coa camiseta do Leganés, que anunciou a súa fichaxe este xoves.

Aos seus 29 anos, asina por dúas tempadas. O seu novo club destaca a súa ampla experiencia tanto na máxima categoría española como no fútbol europeo.

O Leganés fai un repaso á súa carreira, lembrando que "da man do Celta, Tapia competiu o últimas catro tempadas en Primeira División".

Recalcan que no seu primeiro curso en España foi "unha das revelacións do campionato, destacando pola súa despregadura no centro do campo, fortaleza e criterio á hora de distribuír o xogo".

Mencionan, así mesmo, que en Balaídos permaneceu ata esta última campaña, disputando 120 partidos oficiais co Celta.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade