Publicador de contidos
Publicador de contidos

O exdeportivista Juan Domínguez pecha a súa etapa como futbolista

O exdeportivista Juan Domínguez pecha a súa etapa como futbolista

Juan Domínguez: "Quero gozar de cousas que non podía"

G24.gal 19/04/2023 11:51 Última actualización 19/04/2023 11:57

O ex-xogador do Deportivo, Juan Domínguez, decidiu finalizar a súa carreira en activo aos 33 anos despois dunha etapa en Grecia e de militar ata hai unhas semanas no Asteras Trípoli. O xogador formado nas categorías inferiores brancos e azuis e que militou durante sete campañas no Deportivo, disputando máis dun centenar de partidos, di que a decisión estaba "planificada" e que se trataba do seu último contrato como futbolista en activo.

"Quero pechar a etapa do fútbol e gozar de cousas que non podía"

"Non vexo partidos, en xeral"

Juan Domínguez aparca así unha carreira na que viviu dous ascensos co Deportivo, os de 2012 e 2014, nos que tivo un papel protagonista. Joaquín Caparrós deulle a alternativa cos primeiro equipos despois de destacar como xuvenil e tamén no Fabril. Tras o seu paso polo club branquiazul militou en Mallorca e Reus antes de emprender unha aventura internacional que lle levou polo Sturm Graz austríaco e os PAS Giannina e Asteras Trípoli gregos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar